lunes, 28 de diciembre de 2020


 

ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES DE NADAL
Os últimos días do primeiro trimestre levamos a cabo diferentes actividades: taller de escritura creativa de Nadal, púxemos en marcha a nosa creatividade elaborando unhas postais moi orixinais, e tamén tivemos tempo para facer un balance do ano que remata, saíron unhas reflexións moi interesantes...


     

domingo, 15 de noviembre de 2020

XOGO DA RULETA: OS DETERMINANTES 

Seguimos aprendendo a través do xogo. 

Nesta ocasión, empregamos un xogo da ruleta, para repasar os diferentes tipos de determinantes.

Cada determinante que nos saía, ao xirar a ruleta, tiñámolo que colocar na columna correspondente da ficha.



 XOGO "5 SEGUNDOS"

Outro xogo que nos permite repasar contidos de gramática e o xogo "5 segundos". 

Cada alumn@ ten unha tarxeta, cando chega o seu turno ten que dicir, no menor tempo posible, o que lle indica a súa tarxeta.

Foi moi divertido!!



RINCÓN DA NOTICIA 

Esta semana a encargada de compartir con tod@s unha noticia, que lle chamou a atención, foi Ellie.



miércoles, 11 de noviembre de 2020

 SIMETRÍAS

En plástica, estivemos traballando as simetrías. Fixémolo a través das imaxes das nosas propias caras. 

Sairon unhas verdadeiras obras de arte!!











 PASAPALABRA

Esta semana traballamos vocabulario en Lingua Castelá, empregando un xogo de Pasapalabra.





 FLAPBOOK DOS TIPOS DE ORACIÓNS

Elaboramos un caderno interactivo (Flapbook) para repasar os diferentes tipos de oracións.





jueves, 5 de noviembre de 2020

NOVO RECUNCHO NA NOSA AULA!!


HOXE ESTREAMOS 

O RECUNCHO DA NOTICIA!!


E a encargada de estrealo foi Marta; que quixo compartir, con tod@s @s compañeir@s, unha nova que lle chamou moito a atención nun xornal.





PRACTICAMOS COA AULA VIRTUAL! 
Continuamos a traballar coa nosa Aula Virtual.
Nesta ocasión, tiñamos tres xogos: un boom matemático con diferentes retos matemáticos, e dous xogos para reforzar contidos de Lingua Castelá.



Pasámolo xenial, ao mesmo tempo que aprendemos!!







ACTIVIDADE COA RULETA

Continuamos reforzando a acentuación das palabras; esta vez tocou empregar a ruleta co xogo STOP the bus! 



Facemos xirar a ruleta, e coa letra
que nos saia temos que escribir palabras agudas, llanas (con e sen acento) e palabras esdrúxulas.







 OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Unha das actividades que estamos a desenvolver na nosa aula, é a escritura creativa. Nesta ocasión, empregamos estas tarxetas que nos propoñen diferentes ideas; a partir das cales temos que elaborar un texto. 

Seguro que saen historias moi divertidas!




lunes, 2 de noviembre de 2020

 Puzzle "TARSIA" 

Repasamos as táboas de multiplicar, dunha maneira lúdica, compoñendo un puzzle Tarsia; no que debemos colocar as diferentes multiplicacións, cos seus resultados.  

                                                                                               
    




E CHEGOU A FESTA DE SAMAÍN!! 

E así de guap@s viñemos ao cole...

Pasámolo de medoooooo!!!











jueves, 29 de octubre de 2020

CELEBRAMOS O SAMAÍN!!
Durante esta semana, na nosa aula, levamos a cabo diversas actividades, relacionadas co Samaín: obradoiro de conxuros, inventamos contos de medo, pintamos calaveras mexicanas e xogamos ao Scrabble de Halloween...






                                                 



         






                                    

miércoles, 28 de octubre de 2020

¡EMPREGAMOS A AULA VIRTUAL!
Estamos aprendendo a empregar a Aula Virtual do noso cole. A través dela, podemos facer actividades interactivas e xogos educativos.






                                 

 "HISTORIAS CON DADOS LOCOS"

Escribimos contos empregando uns dados, que nos permiten crear multitude de historias...




PALABRA DO DÍA

Coa actividade "Palabra del día" traballamos as diferentes categorías gramaticais e analizamos as palabras; para levar a cabo esta tarefa empregamos fundas reescribibles.



                                                                                                 




                            

CADERNO INTERACTIVO

Para identificar mellor as palabras agudas, llanas, esdrúxulas e sobreesdrúxulas elaboramos un flapbook ou caderno interactivo.







martes, 27 de octubre de 2020

TRABALLAMOS AS MATES!

Para comprender mellor o valor posicional dos números naturais e dos números decimais, empregamos uns modelos cunhas fundas reescribibles...





 FLIPBOOK GRAMATICAL

Para coñecer mellor os diferentes tipos de palabras, elaboramos un flipbook gramatical...