domingo, 15 de noviembre de 2020

XOGO DA RULETA: OS DETERMINANTES 

Seguimos aprendendo a través do xogo. 

Nesta ocasión, empregamos un xogo da ruleta, para repasar os diferentes tipos de determinantes.

Cada determinante que nos saía, ao xirar a ruleta, tiñámolo que colocar na columna correspondente da ficha.



 XOGO "5 SEGUNDOS"

Outro xogo que nos permite repasar contidos de gramática e o xogo "5 segundos". 

Cada alumn@ ten unha tarxeta, cando chega o seu turno ten que dicir, no menor tempo posible, o que lle indica a súa tarxeta.

Foi moi divertido!!



RINCÓN DA NOTICIA 

Esta semana a encargada de compartir con tod@s unha noticia, que lle chamou a atención, foi Ellie.



miércoles, 11 de noviembre de 2020

 SIMETRÍAS

En plástica, estivemos traballando as simetrías. Fixémolo a través das imaxes das nosas propias caras. 

Sairon unhas verdadeiras obras de arte!!











 PASAPALABRA

Esta semana traballamos vocabulario en Lingua Castelá, empregando un xogo de Pasapalabra.





 FLAPBOOK DOS TIPOS DE ORACIÓNS

Elaboramos un caderno interactivo (Flapbook) para repasar os diferentes tipos de oracións.





jueves, 5 de noviembre de 2020

NOVO RECUNCHO NA NOSA AULA!!


HOXE ESTREAMOS 

O RECUNCHO DA NOTICIA!!


E a encargada de estrealo foi Marta; que quixo compartir, con tod@s @s compañeir@s, unha nova que lle chamou moito a atención nun xornal.





PRACTICAMOS COA AULA VIRTUAL! 
Continuamos a traballar coa nosa Aula Virtual.
Nesta ocasión, tiñamos tres xogos: un boom matemático con diferentes retos matemáticos, e dous xogos para reforzar contidos de Lingua Castelá.



Pasámolo xenial, ao mesmo tempo que aprendemos!!







ACTIVIDADE COA RULETA

Continuamos reforzando a acentuación das palabras; esta vez tocou empregar a ruleta co xogo STOP the bus! 



Facemos xirar a ruleta, e coa letra
que nos saia temos que escribir palabras agudas, llanas (con e sen acento) e palabras esdrúxulas.







 OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Unha das actividades que estamos a desenvolver na nosa aula, é a escritura creativa. Nesta ocasión, empregamos estas tarxetas que nos propoñen diferentes ideas; a partir das cales temos que elaborar un texto. 

Seguro que saen historias moi divertidas!




lunes, 2 de noviembre de 2020

 Puzzle "TARSIA" 

Repasamos as táboas de multiplicar, dunha maneira lúdica, compoñendo un puzzle Tarsia; no que debemos colocar as diferentes multiplicacións, cos seus resultados.  

                                                                                               
    




E CHEGOU A FESTA DE SAMAÍN!! 

E así de guap@s viñemos ao cole...

Pasámolo de medoooooo!!!