RECUNCHO "XA TERMINEI, QUE FAGO AGORA?
Na clase temos un recuncho con actividades, para @s alumn@s que rematan as tarefas.
Esta semana poden elexir entre unha actividade para traballar a atención, outra actividade manipulativa de formación de palabras, e outra na que teñen que descubrir, seguindo un código, un refrán de outono.













